Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 11 de xuño

10.30 h
No Palacio de Congresos, o concelleiro Xan Duro asiste á inauguración do 1º Foro de Familias de persoas con discapacidade intelectual, organizado por FADEMGA.

11.30 h
Na Galería Sargadelos, cuarto taller "Xoga e aprende con enerxía!" a cargo de Marta Gómez, arquitecta experta en enerxía da arquitectura. Este taller está dirixido a nenos/as entre os 9 e 12 anos que, a través de divertidos xogos, aprenderán a aforrar enerxía e a concienciarse na mellora dos espazos nos que habitan de xeito cotiá.

12.30 h
Na Facultade de Medicina, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao IX Encontro Médico, organizado polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

20.00 h
No campo de fútbol de Santa Isabel, o concelleiro Rafael Peña asiste á Final da Copa Cidade de Santiago de categoría xuvenil.

20.30 h
No Teatro Principal, eme2 presenta ‘Monólogo do Imbécil’ un texto de Jose Prieto protagonizado por Xosé A. Touriñán. Dirixe tamén José Prieto.

Compartir: