Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de xuño

8.30 h
Na Sala de Xuntas da Consellería de Educación, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao padroado da Fundación Cidade da Cultura.

10.30 h
No hotel Rúa do Vilar, almorzo informativo do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

10.30 h
Na praza do Obradoiro, celebración do Día da Educación Viaria con múltiples actividades para os máis pequenos a cargo da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. Ás 11.15 h, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegarase a saudar os nenos e nenas participantes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
En Salgueiriños, o concelleiro Rafael Peña asiste á inauguración da 10ª Xira Karting Circuíto de Santiago.

20.30 h
No Teatro Principal, eme2 presenta ‘Monólogo do Imbécil’ un texto de Jose Prieto protagonizado por Xosé A. Touriñán. Dirixe tamén José Prieto

Compartir: