Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na praza da Quintana, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, intervén no acto de celebración da Semana da Acción mundial pola Educación.

17.30 h
No CGAC, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste á entrega de premios do VII Certame "Deseña unha xoia para túa nai".

20.30 h
No Teatro Principal, a compañía de danza trasPediante presenta ‘Planificar a caída. En proceso’ dentro dos actos de celebración do 175 aniversario do Teatro Principal.

Compartir: