Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 8 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o embaixador de Irlanda, David Cooney. SÓ GRÁFICOS.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, lectura da declaración institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, Quico Cadaval, Víctor Mosqueira, María Costas, Marcos Orsi e Piti Sanz para presentar ‘Os amores de Jacques o Fatalista’, novo proxecto de Producións Excéntricas, que poderemos ver os días 10, 11 e 13 no Teatro Principal.

12.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste ao acto institucional organizado pola Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional das Mulleres.

13.30 h
No Parque de Bombeiros (avenida Rodríguez de Viguri), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitan os bombeiros con motivo da celebración do seu patrón.

18.30 h
No Reitorado, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na xuntanza do Padroado da Casa da Troia,

Compartir: