Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 29 de marzo

11.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da Feira do Libro de Bos Aires, na que Santiago de Compostela é a cidade convidada. Na rolda participan o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

11.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitan a Cociña Económica (no albergue de Xoán XXIII).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No CSC das Fontiñas, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega da X edición dos Premios Luís Tilve.

16.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
ÚNICO: Acordo para que o Concello de Santiago de Compostela participe na convocatoria de propostas da Iniciativa UIA Innovate Actions co proxecto "GREEN4HOPE: Tackling poverty in Santiago through green socio-económico Solutions", cuxa data límite de presentación de solicitude é o día 31 de marzo de 2016.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Diego el Cigala que presenta ‘Cigala&Piano’.

Compartir: