Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 2 de marzo

10.00 h
En Salgueiriños (rúa Poeta Manuel María, 8), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitan a Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD).

11.00 h
Na rúa Alejandro Novo González (Conxo), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitan a fundación Down Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o Consello Reitor do Auditorio.

20.30 h
No Teatro Principal, ’Staying Alive’, creación e dirección de Ana Vallés e con Mónica García, Janet Novas, Nuria Sotelo, Rut Balbís e Ana Vallés na interpretación e coreografía. Dentro das actividades do 30 aniversario de Matarile Teatro.

Compartir: