Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Políticas Sociais, Concha Fernández, e de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o programa GREEN4HOPE.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, María Rozas, para dar conta da revisión catastral.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, fai entrega dun dos premios do II Certame Literario "Relatos de auga intelixente", organizados por Viaqua.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con Ángeles Fernández, da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 21 de xaneiro de 2016 (acta núm. 2/16).
2. Protocolo de colaboración entre os Concellos de Santiago de Compostela, Ordes, Oroso, Tordoia e Cerceda para a creación, xestión, explotación e mantemento da vía verde a Compostela.
3. Adhesión ao Pacto dos alcaldes para a enerxía sostible.
4. Acordo para a inscrición do Concello de Santiago de Compostela na Rede de Cidades Amigables coas persoas maiores o AGE FRIENDLY CITIES.
5. Designación dos membros do Consello Municipal de Saúde do Concello de Santiago de Compostela.
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á creación dunha ruta literaria como atractivo turístico e cultural.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa a unha actuación integral no parque e praza da Constitución.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á regularización catastral.
9. Proposición do grupo municipal do BNG, para dotar de cafetaría á Estación de Autobuses, Auditorio de Galicia e o Museo da Cidade e das Peregrinacións.
10. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
11. Dar conta do informe anual de queixas e suxestións correspondente ao ano 2015.
12. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Teatro Principal, gala de clausura de Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral. Con Quico Cadaval (Galicia) e Carolina Rueda (Colombia).

Compartir: