Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de marzo

11.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitan a sede de Cruz Vermella (avenida de Lugo, 42).

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o acto poético de celebración do Banquete de Conxo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar os actos con motivo do Día da Árbore.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

14.30 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os participantes no I Congreso Internacional médico-cirúrxico organizado polos estudantes de Medicina de Santiago.

20.00 h
Na Fundación Granell (segundo andar), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición "Eugenio Granell. El encanto de todas las mujeres, Amparo Segarra. Diario fragmentado e Colección Surrealista".

20.00 h
Na Zona "C", coloquio con Bárbara Bulhosa: ‘Edicións tinta-da-china: Independencia e supervivencia’.

Compartir: