Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de marzo

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a convocatoria da IV edición do Conto Viaxeiro.

11.30 h
En San Lázaro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á tradicional poxa das Uñas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a cónsul de Uruguai, María del Huerto Arcaus Sánchez.

17.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o director corporativo da Área Social da Fundación Bancaria "la Caixa", Marc Simón, asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa CaixaProinfancia, centrado na atención a familias con nenos de entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade.

Compartir: