Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira, e co secretario de ORA GALEGA, Carlos Quiroga.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

ENTROIDO 2016

12.00 h.
Animación polas rúas a cargo da charanga RECOBIO.Praza Roxa -República do Salvador - Alfredo Brañas - República Arxentina - Doutor Teixeiro –Senra -Praza do Toural - Rúa Nova - Rúa do Vilar - Rúa do Franco - Porta Faxeira –Alameda.

16.30 h.
CONCENTRACIÓN de carrozas, comparsas e charangas
Estación do Ferrocarril

17.30 h.
DESFILE DE ENTROIDO encabezado polos Xenerais da Ulla polas rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra, para rematar na Avda de Xoán Carlos I.

20.00 h.
SERGIO TANNUS TRIO: "Son brasilego"
SERGIO TANNUS: cabaquinho, guitarra, baixo, percusións e voz
PAULO SILVA: Batería, percusións e voz/coros
GUTIER ÁLVAREZ: Gaita e zanfoña
Alameda

21.00 h.
Decisión do xurado e ENTREGA DE PREMIOS de acordo coas seguintes categorías:

PREMIOS CARROZAS
1º PREMIO 3.000 €
2º PREMIO 2.000 €
3º PREMIO 1.000 €

PREMIOS COMPARSAS
1º PREMIO 2.400 €
2º PREMIO 2.000 €
3º PREMIO 1.000 €

PREMIOS AOS GRUPOS
1º PREMIO 800 €
2º PREMIO 400 €
3º PREMIO 200 €

PREMIOS Á MELLOR PARELLA
1º PREMIO 400 €

PREMIOS AO MELLOR DISFRAZ INDIVIDUAL
1º PREMIO 300 €
2º PREMIO 200 €
3º PREMIO 100 €

PREMIOS ESPECIAIS Á MELLOR COMPARSA PROCEDENTE DAS PARROQUIAS E BARRIOS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
(premios incompatibles cos anteriores)
1º PREMIO 1.200 €
2º PREMIO 600 €
3º PREMIO 400 €

Ó remate da entrega de premios continúa o concerto de SERGIO TANNUS TRÍO
Alameda

Compartir: