Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 7 de febreiro

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero LLopis e co clarinete baixo solista Xocas Meijide. Un programa con obras de N. García e A. Reed

ENTROIDO 2016

A partires das 10.30 h. e durante toda a mañá animación de rúa a cargo da comparsa OS CONFORMISTAS de Conxo acompañados pola charanga OS ATREVIDOS, co seguinte percorrido: Centro de maiores de Conxo, Sanatorio psiquiatrico de Conxo, rúas de Sanchez Freire, Garcia Prieto, Cornes, Praza Roxa, República do Salvador, Xeneral Pardiñas, Alameda, Praza do Toural, Rúa Nova, Rúa do Vilar, Praterías, Raíña e Franco.

17.00 h
FESTIVAL INFANTIL DE DISFRACES. Animación a cargo de NI FÚ NI FÁ
Sala Capitol. Entrada libre
(participantes ata 14 anos) (Inscricións para o concurso de 16.30 a 17.45 h.)

18.00 h
Animación, baile discoteca, premios, concurso de disfraces, sorteo de agasallos, entrega de bolsas-cotillón...

PREMIOS:
Grupo (mínimo 3 persoas):
1º.- 200 euros
2º.- 150 euros
3º.- 100 euros
Parella:
1º.- Dúas tablets
2º.- Dous lotes de libros
3º.- Dous xoguetes
Individual:
1º.- Unha tablet
2º.- Un lote de libros
3º.- Un xoguete
4º e 5º.- Tarxetas agasallo

Compartir: