Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 6 de febreiro

11.30 h
No CSC da Rocha o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da VII exposición da Camelia.

ENTROIDO 2016

20.00 h
Concentración na Praza de Cervantes e DESFILE DO MECO ata a praza do Toural pasando polas rúas Nova e do Vilar ata o Pazo de Bendaña, onde permanecerá ata o día 10

Animación a cargo das comparsas OS CONFORMISTAS DE CONXO e A RULIÑA DE LARAÑO
Percusión a cargo de APERTA
Praza do Toural

20.30 h
SUBIDA DO MECO aos balcóns do Pazo de Bendaña.
Pregón e animación a cargo de Arturito Puy e Fabián Santomé, compoñentes de OS DA RÍA que a continuación nos ofrecerán o primeiro concerto dende que sacaron o seu último disco que leva por título Disco Póstumo
Praza do Toural

Compartir: