Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de febreiro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visita as hortas da Almáciga. Punto de encontro: centro social da Almáciga (Rúa Betanzos, 55 – a carón da Escola Municipal de Música).

13.00 h
Na igrexa da Universidade, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á inauguración da exposición Tomiño romano.

21.00 h
No Auditorio de Galicia concerto da Real Filharmonía de Galicia (RFG), baixo a batuta de Antoni Wit; Alexandra Kuls, violín. Obras de A. Panufnik, M. Karlowicz e A. Dvoràk.

21.00 h
No Teatro Principal, La M.O.D.A (La Maravillosa Orquesta del Alcohol), regresa cun novo álbum, titulado "La primavera del invierno".

Compartir: