Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 29 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Eme2 Producións ofrece unha función didáctica de ‘Jim e a illa do tesouro’, con Rocío González e Toni Salgado de actores/manipuladores.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a representantes da Fundación 10 de marzo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presenta o novo camión dos Bombeiros.

12.30 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición Real Filharmonía de Galicia. 20 anos contigo.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a segunda parte da exposición Real Filharmonía de Galicia. 20 anos contigo.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto extraordinario do 20 aniversario da Real Filharmonía de Galicia. Dirixidos por Helmuth Rilling e con Laurent Blaiteau e Luis Soto, como frautas solistas; e James Dahlgren e Grigori Nedobora, como violinistas solistas. Interpretan obras de J. S. Bach.

Compartir: