Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 27 de febreiro

11.00 h
Na praza de Praterías, a concelleira de Políticas Sociais e o concelleiro de Convivencia e Medio Ambiente, Concha Fernández e Xan Duro, asisten ao acto de conmemoración do 40º aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

11.30 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto a prol do sector do mar.

19.30 h
Na Cidade da Cultura, edificio CINC, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á Gala do Ciclismo.

19.30 h
Na Coruña, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participa na marcha europea polos dereitos das persoas refuxiadas.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Palabras Malditas’ de Teatro do Noroeste. Con Sara Casasnovas, Inma Alonso, Miquel Ínsua e Luma Gómez, dirixidos por Eduardo Alonso.

Compartir: