Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, ‘Babiliglub’ de Galitoon, dentro do programa didáctico.

11.00 h
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visita as sedes de Cáritas na cidade xunto cos responsables das mesmas. Punto de saída: rúa do Hospitaliño.

11.15 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na homenaxe a Rosalía con motivo do 179 aniversario do seu nacemento, organizada pola Fundación Rosalía de Castro.
• Saída da comitiva, ao son da Alborada, desde a entrada da Alameda, en fronte da Porta Faxeira.
• Chegada á estatua de Rosalía. Ofrenda da coroa elaborada con follas do loureiro dos poetas do Xardín de Rosalía.
• Lectura de poemas polo alumnado do IES Rosalía de Castro.
• Intervencións institucionais.
• Canto do Himno.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre o programa Tropa Verde, xunto con Miguel Varela, de Teima Desenvolvemento.

13.00 h
No local social da Almáciga, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños da Almáciga.

Compartir: