Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de febreiro

11.00 h
No hotel NH Collection Santiago, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á presentación de Cuarto Público. Feira de Arte Contemporáneo de Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato Galego Alevín de Inverno de Natación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar os resultados do programa de "Adestramentos Colaborativos". Estarán acompañadas por unha das adestradoras, María Traveso, e por un dos participantes, Xaime Cortizo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da oficial da Policía Local Diana Parente e da especialista en puericultura Alicia García Ferrín para presentar a charla-taller Abrázao á vida.

16.30 h
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión extraordinaria urxente do día 12 de xaneiro de 2016 (acta núm. 1/16).
2. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a potenciación do grupo de promoción turística "Área de Santiago".
3. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa á elaboración e desenvolvemento dun programa cultural conmemorativo de diversos actos para o ano 2016.
4. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa á creación dun rexistro de camiños públicos e a súa correspondente ordenanza.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a creación dun "bono museos de Compostela".
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á aprobación dun plan de compensación para resarcir polos catro anos de obras á hostalaría e comercio de Conxo.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á iniciación do procedemento para a posta en marcha dunha Factoría Cultural e Viveiro de Industrias Creativas.
8. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
9. Comparecencia do concelleiro delegado de educación e cidadanía acordada na sesión plenaria ordinaria do día 21 de xaneiro de 2016.
10. Rogos e preguntas.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia celebra o 400 aniversario da morte de Shakespeare interpretando Hamlet, de Shostakovich, coa narración de Luís Tosar.

21.00 h
No Teatro Principal, XXII Festival de Teatro Universitario, coa compañía Vilniaus Gedimias Technical University (Lituania), que representa Ija ir Europa.

Compartir: