Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 17 de febreiro

9.30 h
Os concelleiros de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitan Pontevedra para analizar o seu modelo de peonalización:
9.30 h. Recepción polo alcalde de Pontevedra (Sala de comisións da Casa do Concello).
9.45 h. Reunión de traballo con técnicos municipais (Casa do Concello).
12.00 h. Visita pola cidade acompañados polo alcalde, concelleiros e técnicos municipais.
13.00 h. Declaracións aos medios na praza de Compostela.

10.30 h
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita os fondos do museo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e do director do Cetur, Miguel Pazos, para presentar os resultados do Estudo da Caracterización da Demanda Turística de Santiago de Compostela do ano 2015.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Concha Fernández para presentar unha moción.

21.00 h
No Teatro Principal, Festival de Teatro Universitario, coa compañía do Recinto Río Piedras (Puerto Rico), que representa Terror y miseria del tecer milenio.

Compartir: