Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar as actuacións do Plan de Obras e Servizos 2016 da Deputación da Coruña.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a obra Don Juan, de Voadora Teatro, dentro do programa de Envellecemento Activo. Na rolda tamén estará o director de Voadora, José Díaz, e un dos participantes no programa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na tenda Tiro Libre (rúa Ramón Cabanillas, 11), a concelleira de Deporte, Noa Morales, participa no acto de despedida da Copa do Rei de Baloncesto.

13.00 h
Na Concellaría de Benestar Social, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, preside a xuntanza da Mesa para a elaboración dun protocolo de prevención e atención ás persoas afectadas polos desafiuzamentos.

17.00 h
Na cafetería Hervor & Fervor, o Concello de Santiago organiza, xunto con Médicos do Mundo, un relatorio para analizar o conflito sirio e as necesidades das persoas refuxiadas que chegan a Europa. Na charla, tres refuxiados sirios achegarán a súa experiencia aos asistentes. Contarase coa presenza de Nour Mouakket, Zaid AlHamwy e Kamal Aldalati.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a xuntanza do Foro Cívico Empresarial.

Compartir: