Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 10 de febreiro

11.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reúnese con Paco Garrido, representante de CEAR (Comisión Española de Axuda ao Refuxiado) SÓ GRÁFICOS. Ás 12.00 h, reunión na Concellaría de Benestar Social da Mesa de Coordinación da axuda aos refuxiados. Mandarase nota.

11.00 h
No Salón Reitoral (San Xerome), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro La Cátedra de Farmacología de la Facultad de Medicina de Santiago de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a programación da Zona "C" e a primeira intervención de Neves Seara, que tamén estará na rolda.

19.00 h
Na Zona C, inauguración da intervención de Neves Seara, '73 liñas de horizonte (segunda carta ao meu pai)’ coa presenza da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e a artista.

ENTROIDO 2016

20.00 h.
ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Antroido desde a praza do Toural ata a Praza Roxa facendo o percorrido seguinte: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na Praza Roxa.
Coa participación da comparsa A RULIÑA de Laraño
(Prégase aos acompañantes vistan de rigoroso loito para a ocasión)

21.00 h. QUEIMA DO MECO e animación a cargo de NI FÚ NI FÁ
Acompañamento: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
Praza Roxa

Compartir: