Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co reitor da USC, Juan Viaño. Declaracións ás 11.45 aprox.

11.05 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; Yolanda Castaño, poeta e organizadora do Implícate; e Susana Sánchez Aríns, representante de Implicadas no Desenvolvemento para presentar o 'Implícate 2016. Festival de Música e palabra solidaria’ que se celebra o vindeiro domingo, día 10, no Teatro Principal

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Madrid e Guadalajara.

12.05 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na sede do Valedor do Pobo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reúnense coa valedora do Pobo, Milagros Otero.

19.00 h
Na rúa do Olvido (Punto de encontró: bar Olvido) o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnense coa Asociación de Veciños Castelao.

Compartir: