Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de xaneiro

10.30 a 11.30 h
Na Escola Infantil Municipal de Conxo, os Reis Magos reciben as últimas peticións dos nenos e nenas da escola infantil e as súas familias. O Paxe real irá á Escola Infantil Municipal de Fontiñas.

11.00 h a 12.30 h
Na Aula gastronómica do Mercado de Abastos, Obradoiros peques: San Andresiños comestibles, dentro de Compostela Gastronómica edición Nadal.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No CSC de Vite, obradoiro "A que saben as cores?". Para familias con bebés a partir dos 30 meses. Con inscrición previa ata cubrir as prazas, de balde

12.00 h
En Boisaca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na ofrenda floral en homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 80º aniversario do seu pasamento, organizada pola Fundación Valle-Inclán.

13.00 h
Na Cidade da Cultura, (entrada ao auditorio da Biblioteca), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto no que se lle dará o nome de "Xosé Neira Vilas" ao Auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura.

Cabalgata dos Reis Magos
17.25 h
Chegada dos Reis Magos á estación do tren, onde serán recibidos pola Banda de Cornetas e Tambores e polos paxes. A continuación, percorrido polas rúas de Santiago: rúa Santiago de Chile - Frei Rosendo Salvado - Praza Roxa - República do Salvador - Hórreo - Praza de Galicia - Rúa da Senra - Porta Faxeira - Rúa do Vilar - Xelmírez - Praza das Praterías - Entrada Obradoiro.
Entre 19.15 e 19.30 h
Chegada á Praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde e a Corporación municipal. A continuación, os Reis Magos saúdan os nenos e nenas desde o balcón. Preséntaos Paula Carballeira.
20.00 h aprox.
Recepción dos Reis Magos a todos os nenos e nenas no Salón Nobre do Pazo de Raxoi e comezo do espectáculo musical.

22.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Carlos Checa, e dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia. Interpretan obras de D Cimarrosa, G. Rossini, W.A. Mozart, P. Mascagni, J.C. Arriaga, E. Elgar, G. Fauré e E. Granados.

Nadal 2015
Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: