Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de xaneiro

11.00 h
Na Sala de Xuntas da Cámara de Comercio de Santiago, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asina co reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da Cámara, Jesús Asorey, un protocolo de colaboración.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar os actos con motivo do día escolar da Paz.

12.30 h
No bar Hervor Fervor (praciña das Penas, 2), a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da plataforma web para promover e facilitar o consumo colaborativo Prestogal.

13.00 h
Na Fundación Granell, a concelleira Noa Morales participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da exposición Modernidad y Contemporaneidad en el Arte Dominicano: obras de la Colección de la Dirección General de Aduanas de la República Dominicana

18.00 h
Na Casa do Concello (sede do grupo municipal), o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, reúnese co presidente da Federación de ANPAS de Santiago, Fernando Lacaci. SÓ GRÁFICOS. Nota de prensa ao remate.

20.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición Modernidad y Contemporaneidad en el Arte Dominicano: obras de la Colección de la Dirección General de Aduanas de la República Dominicana.

Compartir: