Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 25 de xaneiro

9.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota.

9.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, preside a Mesa local de Comercio. Declaracións ao remate.

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, a compañía Bocaberta presenta ‘A tropa trapalleira’ dentro do programa didáctico de teatro e danza.

12.00 h
Na Coruña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, asisten á presentación da CopaTourCaixaBank, un percorido que achegará o trofeo da Copa do Rei a todos os amantes do baloncesto.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños As Fontes.

Compartir: