Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de xaneiro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Teatro Principal, estrea do documental sobre Xosé Neira Vilas, ‘O Espantallo Amigo’, dirixido por Carlos Seijo.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixido por Maximino Zumalave e con André Morsch, barítono, interpretan obras de G. Mahler e F. Schubert.

FITUR
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á celebración dos seguintes actos do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España:
10.45 horas. Pavillón de Andalucía. Asiste á reunión da Asemblea de Alcaldes do Grupo.
11.30 horas. Stand de Paradores do Estado. Asiste á sinatura do convenio do Grupo con Paradores.
12.00 horas. Sala Retiro. Recinto Feiral. Asiste á presentación dos destinos Cidades Patrimonio da Humanidade aos directores das Oficinas Españolas de Turismo de Turespaña.
13.00 horas. Stand de Turespaña. Pavillón 9. Asiste ao acto de presentación do Plan de acción 2016 conxunto Turespaña/Grupo Cidades e da nova web e app Cidades Patrimonio Accesibles.

Compartir: