Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, ‘Só unha escusa’, programa didáctico de danza e teatro coa Compañía de danza Las Tricotouses.

10.00 h
En Laraño (rúa A Xunlla, 2) o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Cocha Fernández, visitan a sede da asociación ASPAS.

11.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a sinatura do protocolo de colaboración entre os oito concellos nos que se celebra o Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla, Festa de interese turístico de Galicia. A continuación, declaracións aos medios no Salón Vermello.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Asociación de Veciños Ponte do Romaño.

Compartir: