Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 9 de setembro

09.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes do Consejo de la Juventud de España.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa directiva da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta "Da Vinci tiña razón!" dentro da programación de Teatro.

21.30 h
Na praza das Praterías, "Noite Curta", proxeccións do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, en colaboración co WOSINC.

Compartir: