Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 26 de setembro

10.00 h a 14.00 h e 16.00 h a 20.00 h
No Centro Don Bosco, I Congreso Galego de Cultura Urbana: Xeración Hip Hop,. O proxecto está organizado pola Asociación Vella Escola coa colaboración do Concello de Santiago e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

12.00 h
Nas Casas de Ramírez, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á celebración dos 55 anos do Ensanche.

A partir das 16.30 h
No IES Xelmírez, Final da Liga de Futbolín. Participa a Concellería de Políticas Sociais.

18.00 h
No Teatro Principal, inauguración do Festival Internacional de Títeres Galicreques con Teatro Ilusiones Animadas que presenta ‘Bruno Estampilla’.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Goyo Jiménez presenta ‘En verdad os digo’ dentro do ciclo Falabaratos.

Compartir: