Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de setembro

7.45 h
Na sede da Policía Local, o alcalde de Santiago, manterá un encontro cos membros da Policía Local para felicitalos polo seu traballo durante a tractorada.

11.30 h
Na sede de Finsa, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, manterá un encontro cos medios tras a visita ás instalacións da empresa.

12.00 h
Na biblioteca da Concellería de Políticas Sociais (Galeras), a concelleira Concha Fernández reúnese coas entidades sociais que traballan con persoas refuxiadas.

17.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnese co xerente de AEOPAS (Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento), Luis Babiano.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Ruxandra Donose, mezzosoprano, e Roger Vignoles, piano, dentro do XVI Ciclo de Lied.

21.30 h
Na Catedral de Santiago, concerto ‘Os Peregrinos Musicais’, dentro do Festival Internacional Peregrinos Musicais.

Compartir: