Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, para presentar a Semana da Mobilidade.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa presidenta e o secretario da Unión de Consumidores de Galicia, Ana Olveira e Miguel López Crespo.(SÓ GRÁFICOS)

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar a III Marcha ciclista unificada. Na rolda tamén estará o presidente de Special Olympics, Eladio Fernández, e dous representantes da Asociación ASPAS.

13.00 h
En San Caetano (sede da Consellería), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.

18.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños das Fontiñas.

20.00 h
En Conxo (tras o C.C. Aurelio Aguirre), concerto da Real Filharmonía de Galicia de presentación de temporada de abono Auditorio de Galicia-RFG. Dirixidos por Bram Sniekers interpretan obras de Mozart, Beethoven, Grieg, Rossini e Mendelssohn. (En caso de choiva, o concerto será na Igrexa de Nosa Señora da Mercé de Conxo).

20.00 h
Na Praza das Pratarías, ‘Tarda alla italiana’, concerto da Banda Municipal de Música dentro do ciclo de Concertos na Rúa, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

20.30 h
No Teatro Principal, estrea de ‘Noiteboa’ de Redrum Teatro. Con Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo e dirixidos por Alex Sampayo. Asiste o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Compartir: