Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de agosto

11.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, visita as obras do centro de saúde de Galeras.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reúnense co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño.

19.30 h
Na Praza da Quintana, Bambolea presenta "Bambalas" (acrobacias aéreas) dentro do festival Verán na Rúa.

Compartir: