Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de agosto

17.30 h
No Local das Avoas de Pontepedriña (rúa Samos, 6), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños Sandra Prego Rial.

19.30 h
Na praza da Quintana, Desastronauts presenta "Un tonto no aire" (acrobacias aéreas) dentro do festival Verán na Rúa. Este espectáculo forma parte do circuíto cultural e de lecer Cultura no Camiño promovido pola Xunta de Galicia con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e conta co patrocinio de Turismo de Galicia e do Agadic.

Compartir: