Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para xoves 9 de xullo

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os nenos e nenas que están a participar no programa de conciliación de verán do Concello, xunto co concelleiro de Educación, Manuel Dios. (SÓ GRÁFICOS).

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantén unha reunión co subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán; o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; o comisario da Policía Nacional de Santiago, Simón Sabariz; e o xefe da Policía Local, José Manuel Traba. Declaracións ao remate.

20.00 h
Na Fundación Araguaney, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de homenaxe ao xornalista Santiago Davila.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), concerto dos violinistas Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral, baixo o nome de ’Tres séculos, dous contientenss… en música para dous violíns' e enmarcado dentro do festival Via Stellae.

Compartir: