Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de xullo

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Federación Galega de Fútbol, acompañado pola concelleira de Deportes, Noa Morales. (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Políticas Sociais e de Deportes, Concha Fernández e Noa Morales, para presentar unha iniciativa conxunta sobre o acceso ás piscinas de Sar dentro do Proxecto de Promoción do Acceso aos Recursos Municipais.

11.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os nenos e nenas saharauís, e as familias acolledoras de Santiago de Compostela, que vivirán en Santiago durante os dous próximos meses dentro do programa Vacacións en Paz. (SÓ GRÁFICOS).

19.30 h
No Ensanche, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación Raigame (rúa Nova de Abaixo, 16).

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de Ars Atlántica, dirixida por Manuel Vilas, baixo o nome de ‘Haendel…Rinaldo at home!! unha ópera de salón’, enmarcado dentro do festival Via Stellae.

Compartir: