Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de xullo

9.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.

11.00 h
Na Casa do Cabido, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da exposición de fotografías "Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo".

12.00 h
Na Coruña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co delegado do Goberno, Santiago Villanueva.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes da Cociña Económica, acompañado polos concelleiros Concha Fernández e Jorge Duarte.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes da Federación Galega de Bancos de Alimentos acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición fotográfica "Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo".

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa federación de asociacións de veciños do rural, FERUSA, xunto co concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña.

20.30 h
Na Igrexa de San Fiz de Solovio, concerto de Gallaecia Antiqua baixo o nome de "Despois de Bach… camiño do Clasicismo" e enmarcado dentro do festival Via Stellae.

Compartir: