Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 6 de xullo

10.00 h
Na Casa do Concello, Xunta de voceiros. Declaracións ao remate.

16.30 h
No Cersia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, asiste ao acto de constitución da Plataforma en defensa do sector lácteo.

18.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Proposta sobre a periodicidade das sesións do pleno da corporación.
2. Proposta sobre creación e composición das comisións de informe, estudio e proposta, de carácter permanente e especial.
3. Fixación de número de representantes no Consorcio, Auditorio, Mancomunidade e consellos sectoriais de actuación municipal.
4. Réxime de indemnizacións e dedicacións exclusivas dos membros da corporación.
5. Dar conta da constitución dos grupos políticos municipais.
6. Dar conta da constitución da Xunta de Goberno, acordo de delegación de competencias da Xunta de Goberno e resolucións de nomeamento de membros da Xunta de Goberno, tenentes de alcalde e concellarías delegadas.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de Diego Ares, clave, baixo o nome de ‘O demo vestido de frade… Antonio Soler’, enmarcado dentro do festival Via Stellae.

Compartir: