Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 4 de xullo

17.30 h
No pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Deportes, Noa Morales, asiste á entrega de trofeos do Campionato Galego de Fútbol Sala de FEAFES GALICIA.

20.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, Pablo Seoane, pianista, e Estevo Creus, poeta, presentan ‘No lugar do lugar. Improvisando… música… poesía’ dentro da sección OFF#STELLAE… improvisando!! do festival Via Stellae.

22.00 h
Na Igrexa da Universidade, concerto de Pulsat Percussion Group baixo o nome de ‘Cadros e sons en percusión. Evocacións, suxestións, ambientes, comunicación...' dentro da sección OFF#STELLAE… improvisando!! do festival Via Stellae.

Compartir: