Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de xullo

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe á embaixadora de Australia, Virginia Jane Greville. (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste á inauguración do IX Congreso Compostela Monumental "Turismo, Comercio, Europa, Innovación: 30 anos fortalecendo as áreas comerciais urbanas".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes da asociación Europa laica, xunto co concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios. Declaracións ao remate.

FESTAS DO APÓSTOLO

22.00 h. Concerto:
LOS CHAVALES. Santiago de Compostela
ATAQUE ESCAMPE. Santiago de Compostela
THE SOUL JACKET. Vigo
GUERRERA. Lugo/A Coruña
A DERRADEIRA NOITE NA TERRA (concerto exclusivo de MALANDRÓMEDA & DIOS KE TE CREW &LAR LEGIDO)
Praza da Quintana. Entrada libre

Compartir: