Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de xullo

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para dar conta das obras de verán nos centros escolares de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.00 h
No Patio de San Xoán do Hostal dos Reis Católicos, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave baixo o nome de ‘Mozart... as tres últimas sinfonías. O maxisterio dun transcendental tríptico sinfónico’, enmarcado dentro do festival Via Stellae. (En caso de choiva, o concerto será no Teatro Principal).

22.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto de Manuel Vilas baixo o nome de ‘A arpa de Mateo. Improvisacións á arpa para o Pórtico da Gloria’, enmarcado dentro da sección OFF#STELLAE… improvisando!! do festival Via Stellae.

Compartir: