Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de xullo

10.15 h
No Ensanche (Montero Ríos, 29), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a tenda gañadora do III Concurso de publicidade comercial en galego, xunto coa concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois.

11.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantén un encontro co experto en políticas urbanas de Chicago, Roberto Requejo. Estará acompañado polos concelleiros Marta Lois, Jorge Duarte e Concha Fernández.

19.00 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro Carlos Maside. Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas, coeditado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.

FESTAS DO APÓSTOLO

20.00 h. Concerto: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA/ COMPAÑIA VIRAVOLTA TÍTERES
Peer Gynt
San Martiño Pinario

Compartir: