Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 24 de xullo

10.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión executiva e o Consello de Administración da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. ENVIARASE NOTA DE PRENSA.

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á concentración da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

13.00 h
Na Cidade da Cultura (no Museo Centro Gaiás), a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste ao acto de entrega das Medallas de Ouro de Galicia 2015.

13.45 h
Na rúa das Hortas, nº 37, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de homenaxe en lembranza de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo, con motivo do Día Nacional de Galicia.

21.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro do programa das Festas do Apóstolo.

23.30 h
Espectáculo de luz e son das Festas do Apóstolo.

FESTAS DO APÓSTOLO

12.00 h. Encontro de Xigantes e Cabezudos
Praza da Quintana

12.30 h. Encontro de Xigantes e Cabezudos
Praza do Toural

22.00 h. LINDA MARTINI + KUMPANIA ALGAZARRA (Portugal)
Praza da Quintana. Entrada libre

23.30 h. Espectáculo nocturno e Fogos do Apóstolo
(Acciona Producciones y Diseño-Pirotecnia Ricasa)
Praza do Obradoiro

24.00 h. Orquestra MIRAMAR na Alameda

24.00 h KUMPANÍA ALGAZARRA (Portugal)
Praza da Quintana (Entrada libre).

Compartir: