Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de xullo

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o obradoiro de creación literaria "Literatela (Literatura de Compostela)". Na rolda da tamén estará o escritor Suso de Toro, que imparte o curso, e a secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Mercedes Queixas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; e o director de comunicación e relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco, para presentar o programa do Día do Traxe Galego, que se celebra o domingo 26 dentro das Festas do Apóstolo.

13.30 h
Nas cabaleirizas de San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asiste á clausura do curso "Compostela Summer Program".

17.00 h
Na Casa do Concello, as concelleiras de Políticas Sociais, Concha Fernández, e de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reciben a Plataforma polo Emprego

18.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibe o Foro da Inmigración

FESTAS DO APÓSTOLO 2015

ARTELLANDO
Nos barrios
12.30 h. LARRAITZ URRUZOLA: Babamor
CSC Brañas de Andrés
12.30 h. BRAIS DAS HORTAS: Obras
LSC de Amio

ARTELLANDO
En Bonaval
16.00 a 21.00 h. A ROMARÍA CATIVA
Festival infantil en Bonaval
- Obradoiros (Compañía Babaluva)
- Espazo de xogo libre, xogos populares
- Obradoiro de percusión (Trópico de Grelos)
- Danza: Compañía Transpediante, "Baila un vestido verde"
- Circo: Compañía Duelirium "Aviadoras"
- Concerto: Mamá Cabra "15 primaveras"
- Concerto: María Fumaça

20.00 h. Concerto: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA/CANTIGAS E AGARIMOS
Praza das Praterías

ARTELLANDO
Nos recunchos
21.30 h. VUELTOS DE ROSCA: Totum Revolutom
Escaleiras do Museo do Pobo Galego

21:00 ROCKIN' CORSARIOS
22.00 h. IMELDA MAY en concerto
Praza da Quintana. Entrada libre

Compartir: