Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de xullo

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co Foro cívico empresarial (SÓ GRÁFICOS).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e da pregoeira das Festas do Apóstolo, Verónica Boquete.

13.00 h
Na praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, asisten ao acto da Plataforma en defensa do sector lácteo, da que forma parte o Concello de Santiago.

22.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto coa concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, recibe á pregoeira das Festas do Apóstolo 2015. A continuación, Verónica Boquete pronuncirá o pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi.

FESTAS DO APÓSTOLO 2015
22.30 h. Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de VERÓNICA BOQUETE.

23.00 h. JOHN NEMETH & THE BLUE DREAMERS
FUNDACIÓN TONI MANERO
Praza do Obradoiro. Entrada libre

Compartir: