Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de xullo

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o programa das Festas do Apóstolo 2015.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.00 h
Na Igrexa de San Fiz de Solovio, concerto de Romina Basso, mezzosoprano, e Alberto Mesirca, guitarra barroca, guitarra, baixo o nome de ‘Voces de Sefarad. Unha viaxe sentimental pola canción española do século XVII ao XX’, enmarcado dentro do festival Via Stellae.

22.00 h
No Salón Teatro, concerto de Roberto Oliveira, percusión, baixo o nome de ‘kableado. Percusión, electrónica, improvisación, arte visual...' dentro da sección OFF#STELLAE… improvisando!! do festival Via Stellae.

Compartir: