Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 6 de xuño
10.00 h
En Cáceres (Salón de Plenos do Concello), a concelleira María Antón asiste á Asemblea xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
20.00 h
Na Praza de San Martiño Pinario, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis e con Abe Rábade como piano solista.
20.30 h
No Teatro Principal, Miguel Noguera presenta ‘Ultrashow’ dentro do ciclo Falabaratos.
21.00 h
No Salón Teatro, Redrum Teatro presenta ‘Amor flexible’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.