Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 25 de xuño

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes da Rede Galega contra a Pobreza. A continuación (11.00 h), manterá un encontro con Stop Desafiuzamentos. Declaracións ao remate da segunda xuntanza.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar a proba da COPA GALEGA DE ESCALADA EN BLOQUE.

12.00 h
Na Casa do Concello, Xunta de voceiros. Declaracións ás 13.00 horas.

Compartir: