Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de xuño

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Praza da Quintana, Maratón de Jazz Galego (12 horas de música) dentro do ciclo Jazz 1906.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar o programa de actividades do Día Europeo da Música: encontro de escolas municipais de música (Vigo, Vedra, Lalín e Santiago).

20.30 h
No Hotel Palacio del Carmen, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á clausura dos actos organizados polo Consulado xeral de Uruguai con motivo do 251º aniversario do nacemento de José Gervasio Artigas.

21.00 h
No Salón Teatro, ‘Proxecto NÓS. Territorio (Es)cénico Portugal-Galicia: bilingüe’, cun texto de José María Vieira Mendes dirixido por Pedro Penim, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, concerto de Leiva que pon fin á súa xira ‘Pólvora’, dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: