Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de maio

10.00 h
No IES Rosalía de Castro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á conferencia do Premio Nobel da Paz Kailash Satyarthi.

11.15 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto de entrega de trofeos da 14 edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago da Brilat Galicia VII.

13.00 h
Na Residencia de Maiores Geriatros (rúa Escultor Camilo Otero, Pontepedriña), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto con motivo do cuarto aniversario do centro.

16.30 a 19.30 h
Nas instalacións de Área Central, terceira edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque", organizado pola rede comunitaria de Fontiñas.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, conversando con… Alfredo López Vivié.

20.30 h
Na Zona C, La Incidente D-T presenta ‘Hambre’, dentro do ciclo Danza 2015.

20.30 h
No Teatro Principal, Ángel Martín & Ricardo Castella presentan ‘Love Pain Love’, dentro do ciclo Falabaratos.

20.30 h
No Salón Teatro, Pele, espazo de contacto social e cultural e o Grupo de Teatro de Surdos do Porto presentan ‘Nós’, enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con heidi Melton, soprano, dentro do programa de abono.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de despedida de Niño y Pistola, dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: