Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a presidenta de Centón, Alfonsina Uriburu, para presentar a sexta edición do Festival da Asociación Galega de Patchwork Centón, que terá lugar en Área Central os días 5 e 6 de xuño.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e as actrices Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo, para presentar ‘Sofocos Plus’, comedia que poderemos ver o sábado 16 ás 19.00h no Auditorio Abanca dentro do programa de Festas da Ascensión.

17.30 e 19.00 h
Na Zona C, Seisdedos Tíeteres presentan ‘Cocer e cantar’, dentro do programa Infantil&Familiar.

18.00 h
Na praza Roxa, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á Xornada de Cultura Urbana, dentro do programa das Festas da Ascensión.

18.00 h
No CSC de Vite, Obradoiro plástico literario "Animalario fantástico". Infantil e familiar.

20.30 h
No Salón Teatro, Talía Teatro presenta ‘Demolición’ de Cándido Pazó, con Artur Trillo e Toño Casais. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

FESTAS DA ASCENSIÓN
13.00 h. Pasarrúas. TRÓPICO DE GRELOS
17.30 e 19.00 h. SEISDEDOS TÍTERES
Cocer e cantar
Zona C (Bonaval)
(5 euros. Entrada familiar 4x3: 15 euros)
18.00 h. Obradoiros infantis e inchables (o percorrido do gas). Campus Vida

XORNADA DE CULTURA URBANA
Praza Roxa
18.00 h. OBRADOIRO DE BREAKDANCE "Vella Escola"
19.00 h. OBRADOIRO DE PERSONALIZACIÓN DE GORRAS
20.00 h. OBRADOIRO DE TURNTABLISM DJ
21.00 h. SHOW DE MAXIA NA RÚA Mago Noel
21.30 h. EXHIBICIÓN DE TURNTABLISM DJ Scratch
22.00 h. SHOW DE BEATBOX + RAP. Noites de Rap a golpe de Beatbox
22.30 h. EXHIBICIÓN DE BREAKDANCE. Batalla Santiago VS Vigo

Compartir: