Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de maio

10.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES, Salgueiriños), a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asiste á entrega de diplomas dos obradoiros de 2014 para familias do Programa Socioeducativo.

11.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os galardoados co premio Galicia Segura da Fundación Inade, premios que se entregan para destacar os valores profesionais de organizacións, institucións, empresas ou profesionais pola súa dedicación ao risco e ao seguro a nivel nacional e internacional.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar a "Volta Ciclista da Ascensión".

20.00 h
No Teatro Principal, Gala Lírica dos Conservatorios de Galicia, organizada pola Asociación de Ámigos da Ópera de Santiago.

ASCENSIÓN 2015

12.00 h. Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12.30 h. Comparsa de Cabezudos
20.00 h. III GALA LÍRICA DOS CONSERVATORIOS DE GALICIA
Teatro Principal
5 euros / entrada "ópera en familia" (ata 2 nenos menores de 12 anos gratis acompañados de 2 adultos)
(Organiza: Amigos da Ópera de Santiago)
22.00 h. LA PEGATINA en concerto: REVULSIU
Praza da Quintana
Entrada libre ata completar aforo
23.00 h. Orquestra COMBO DOMINICANO na Alameda

Compartir: